Pasa o tempo polo Pasatempo

 

Tic tac, tic tac…os reloxos deste parque histórico marcan as horas de diferentes cidades do mundo, alá polo ano 1893.

Tic tac, tic tac…óllase o paso do tempo, lagoas que indican o seu envellecemento.

Tic tac, tic tac…personaxes que viaxan en camelos cara as pirámides de Exipto, entre musgos, liques, humidade e cemento; mentres as extremidades comezan a esgallar.

 

Xulio Verne está presente.

Tic tac, tic tac…o buzo fai o amago de romper o cofre dos tesouros máis prezados. E os cravos oxidados agretan o cemento e a capa pictórica escámase, pérdese e esmorece.

Dragóns

Tic tac, tic tac…a mitoloxía transpórtanos aos contos máis ao lonxe. Dragóns fendidos por crebas que se abren cara mundos imaxinados.

Tic, tac, tic tac…Materiais modernos que imitan ós vellos nun mar de mosaicos, cerámica e azulexos.

Tic tac, tic tac…a fermosa balaustrada encerra un estanque versallesco, invita a baixar e perdernos…

Pasa o tempo polo Pasatempo e non queremos que amorteza. Queremos que a maxia encha o estanque, salpique de auga viva o entorno, que crezan as plantas do xardín botánico, que o cemento non amole máis os soños e que o parque de Betanzos continúe en pé.

Texto e imaxes por Adela Vázquez

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

scroll to top