http://niquelarte.org/index.php/gl/niquelaccions-liquidas/28-palcos-da-musica-beta
Líquidas
Estado líquido: os proxectos en fase de desenvolvemento están a fluír.
Localización xeográfica: calquera comarca de Galiza e replicable a calquera territorio.
Descrición breve: as festas continúan vivas pero os palcos mortos. O proxecto incide na importancia da recuperación da memoria histórica, dos usos e da funcionalidade dos palcos, da necesidade real que as parroquias teñen de revivilos de multitude de modos e adaptándose ao mundo contemporáneo. As orquestras non teñen que desaparecer, pois a verbena non é tal sin elas, pero é posible mantelos a partires dos novos usos e da implicación dos habitantes das parroquias.
Estado actual: Líquido. Recollendo documentación gráfica, visual e oral. Buscando colaboradores.
Palcos da Música Beta foi un proxecto seleccionado na sección “visionado” no Concurso 10×10 Pública polo Centro Ágora (A Coruña) e Fundación Contemporánea (Madrid). 2012.
Contido e obxectivos: este proxecto ten como obxectivo último a recuperación do espazo público sonoro das parroquias. Isto debe articularse nunha serie de fases e subproxectos que terán que ver coa ordenación e comprensión dos palcos na súa paisaxe pasada e presente, a análise da súa funcionalidade e características, posibilidades de reutilización e creación dunha rede de eventos que poñan en uso estes obxectos e dinamicen de novo o mapa.
Fase1: Rexistro da paisaxe dos palcos.
Fase2: Artellando as conexións e argallando na paisaxe dos palcos.
Fase 3: Producións dos circuítos de uso.
Equipa de traballo: Adela Vázquez, Xúlio Zé, Ana Cunqueiro, Luis Díaz Díaz, Pelucas.
Documentación xerada: Prototipo (GL), proxecto (GL).
Links: Nó Común, as fotos máxicas dos palcos, Blogaliza, Triángulo en Vimeo.
¿Tes unha idea? ¿Queres colaborar neste proxecto? Escribe a Adela: adela@niquelarte.org