Colegueando co ferro

 

Written by  Carola

“… Encuentra el camino vertical de los metales, y templa. Muchos en la Provincia miran al herrero con recelo, temen su don pues sospechan en él una maldición. ¿No es el forjador de las armas que derraman la sangre? ¿No es el cimiento de la guerra, la invasión y la conquista? Mas la espada que asesina, defiende; la cadena que esclaviza, resguarda; el clavo del ataúd, sostiene la puerta de la casa. El guerrero es poderoso por su destreza con la espada; pero es el herrero quien le entrega su arma, quien forja su cota y su armadura. Y el fruto del martillo no es sólo para el combate, pues el mejor arado mejor habrá sido fraguado…”

Luis G. Abbadie (fragmento de El herrero y el diablo)

Recíbennos na comarca de Oscos (Asturias) co estridente son do metal contra o metal. Cambiamos de elemento, durante varios dias fraternizamos co ferro, vémolo vermello e branco, ulímolo e disfrutamos vendo cómo é transformado.

De novo, namorados da tradición e do traballo artesán visitamos o lugar onde os irreductíbels ferreiros resisten á invasora industria. A zona alcanzou no seu día moito esplendor na transformación do mineral local (incluso chegóuse a traballar con metal chegado doutras zonas). A raíz dese apoxeo naceu tamén a tradición navalleira que chegou a ser auténtica industria e que aínda hoxe goza de grande fama.

Abondan vestixios de ferreirías, mazos, muíños, batáns e tamén unha minicentral eléctrica que nos amosa a grande autosuficiencia que acadaron; imprescindibles para o foráneo, a agua e o inxenio.

Na pequena aldea de Mazonovo dannos a coñecer cómo era o oficio nun mazo hasta fai non tanto, agora o único “vivo” en Europa das súas características, pois emprega a forza hidraúlica para o seu funcionamento. Nel deuse o primeiro tratamento ó ferro previo a definitiva transformación en útiles de cociña ou ferramentas que se levaría a cabo nas ferreirías.

É imposíbel non mencionar a maxestuosidade da arquitectura tradicional e da natureza que nos rodea nesta viaxe e sen dúbida, parte da singularidade desta experiencia reside nelas. A comarca de Oscos caracterízase por respetar, comprender e intentar aproveita-los seus recursos, as persoas que a habitan son exemplo para os foráneos. Reinan a calma, o ár limpo e o espazo para a reflexión.

Unha vez máis, gostaríamos de enfatizar na necesidade de rescatar a sabiduría ancestral e a recuperación das habilidades nas áreas rurais. ¿Cómo? Ninguén naceu aprendido, pero agora xa sabemos cómo NON hai que facer, cómo destruílo. Hai numerosos exemplos de xestións que favorecen a integración da tradición na vida moderna, investimentos públicos e privados (ás veces moi arriscados) que promoven un desenvolvemento sostible. A posta en valor dos oficios que ocuparon os nosos antepasados é esencial dende cedo para entender cómo pasan a ser o que son, previo a megamecanización e o comercio internacional, cal é a súa orixe, cal é o material do que están feitos… En suma, crear curiosidade, ensinar a ver mais aló, que o verdadeiro capital está nas persoas e na terra.

No seguinte vídeo (do cal non somos os autores) podedes ver un pequeno resume da demostración que fan os ferreiros de Mazonovo, así de paso coñecédelos:

Durante aproximadamente unha hora falamos do metal, das condicións en que traballaban, do complexo funcionamento do mazo, do efecto Venturi e dunha chea de coñecemento que non imos revelar para que o apreciedes en persoa. ¡Nós aprendimos moito! ¡Graciñas!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

scroll to top