http://niquelarte.org/index.php/gl/niquelaccions-solidas/29-cetmo
Sólidas
Estado Sólido: os proxectos finalizados logran unha forma e volume definidos, aínda que sempre poden engadirse outros elementos relacionados que iniciarán por sublimación o ciclo de novo en forma gasosa.
Localización xeográfica: Soutelo de Montes, Forcarei (Po) – Terra de Montes.
Descrición breve: Niquelarte comeza a súa colaboración con VerboXido a principios do 2012. Nunha visita ao Centro Etnográfico de Terra de Montes, os seus responsables fálannos das dificultades que están a sofrer para sacalo adiante. Nestes momentos preparábanse para solicitar á Xunta o recoñecemento de Coleción Visitable e poder optar a máis formas de financiación. É nese momento cando nos ofrecemos para axudalos na descrición do estado de conservación do centro e da súa coleción, ao mesmo tempo que asesoralos nas accións preventivas e o seu mantemento.
Estado actual: sólido. Xa é oficial a resolución pola que a Xunta de Galicia otorgou ao CETMo a súa condición de Coleción Visitable.
Contido e obxectivos:
-. Elaboración do estado de conservación dol inventario de pezas co exame exhaustivo de cada unha.
-. Analise global do estado de conservación da coleción.
-. Asesoramento no almacenaxe dalgunhas pezas que se van retirar.
-. Formación dos responsables do centro en manipulación e pequenas accións de conservación preventiva.
-. Deseño de fichas para describir o estado de conservación de cada peza, de doada comprensión, co fin de seren empregadas por calquera persoa sen coñecementos específicos e que poidan ser empregadas de cara ó futuro e unha vez rematada a nosa colaboración.
-. Diagnose. Consideramos cinco posibles graos para evaluar a degradación dos distintos materiais segundo o seu grao de deterioro; ao mesmo tempo que se fixo a valoración do estado xeral do edificio.
-. Redación do informe para a Xunta de Galicia.
Tras dias de traballo convivindo cos bens, puidemos comprobar as condicións reais nas que se atopan e poidemos considerar de modo cercano as posibles solucións.
Os membros de VerboXido foron convocados a unha mesa redonda onde se explicou todo o proceso de traballo, a nosa percepción do estado de conservación da coleción, ao mesmo tempo que se propuxeron pequenas accións de conservación preventiva.
Tamén se levou a cabo un taller de manipulación das pezas e cómo realizar un embalaxe adecuado con materiais asequibles e económicos.
Equipo de traballo: Carola Sánchez e Chon Muñoz.
Colaboradores: Adela Vázquez e Xabier Bernárdez.
Patrocinadores: proxecto autoxestionado.
Documentación xerada: exemplo de fichas e informe xeitosinho Colaborando co CETMo. pdf<
¿Tes unha idea? ¿Queres colaborar neste proxecto? Escribe a Carol: carol@niquelarte.org