BICMoloch

¿É sen razón emigración?

Unha pregunta que acaba de pasar rauda pola miña mente, máis a resposta non é concisa ao respecto. Somentes podo dicir, que despois de tempos lendo, escoitando, debatindo, compartindo momentos, conversas, sentimentos, proxectos entre dúas latitudes, #GalYuc é xa unha realidade que fai posible a existencia de Niquelarte, dende os seus inicios, neste presente e, quen sabe se de cara ao futuro…

Vivindo entre Galiza e Yucatán, saltando dun lado ao outro do charco nos últimos tres anos, con períodos máis ou menos estables aquí e aló dende fai case dez. Niquelarte, asociación galega que está a pasar por momentos de cambio necesarios, e cun proxecto activado en diversos territorios que soa e soa, a ritmo de cumbia; volta a falar de movemento, de mutacións, de socialización e conservactivación de bens culturais e bens comúns.

O proxecto BIComún xorde fai xa un ano en Galiza cunha primeira parada no Morrazo, en Bueu, a partir de necesidades múltiples arredor do patrimonio; pero sobre todo entorno a varias preguntas: ¿a quen pertence a toma de decisións sobre o mesmo?, ¿cal foron as accións da administración no pasado, dende o presente e con vías ao futuro?, ¿en que grao participa a comunidade?, ¿como conservalo?, ¿como valoralo?, ¿como reutilizalo?, ¿como xestionalo dende a cidadanía?… Un patrimonio que supostamente “é de tod@s” e, retomando a cita de Antonio Lafuente, “ao mesmo tempo non é de ninguén”.

Este ano 2014 a experiencia trasladouse a México, onde foi denominada #BICMoloch en relación ao seu significado en lingua maia: Bens de Interese Cultural agrupados. De novo foi unha proposta colaborada que, dende Niquelarte, fixemos no marco do proxecto Desenrolo Cultural Municipal de Sedeculta, Conaculta, Axuntamento de Tixcacalcupul e Centro INAH Yucatán para as xentes lindas do pobo de Tixcacal. Un regalo que trouxo ledicia e cariño para todos nós/el@s.

Un cambio de latitude considerable que chegaba con moitas ganas, aquelas que se sentían xa dende Galiza meses antes. Coincidiu co BIComún (10) Malpartida de Cáceres da man dos nosos amig@s e compañeir@s de proxectos, Underground Arqueología. Bicomune_ando simultaneamente no espazo público e cos preparativos da segunda edición da exposición Coñeces Bicomún? que se presentou en Magma Espazo (Ourense).

Na comunidade maia de Tixcacalcupul, as actividades foron sucedéndose durante dous meses de experimentos e xogos cos nen@s a través do proxecto #hacklendas e a construcción de fanzines, ou actividades de Recoñecemento Patrimonial cos xóvenes de 5º de bachillerato da preparatoria COBAY durante os dous días previos á diagnose participativa na galería…Son xa once os bicomúns que foron prantados en diferentes lugares e territorios, dende Galiza ata México, pasando por Madrid, Extremadura ou Portugal, éste derradeiro na Batalha de man de Sara Costa e cía.

Cociña de fanzines

A metodoloxía de diagnose vai evolucionando, mutando, mellorando…

Porque as ideas crecen e melloran se se comparten (bip, bip Robocicla!).

BIComún. Tixcacalcupul 2014 from Gabriel Domecq on Vimeo.

Fotografía por Beatriz Calero.

Audiovisuais por Gabriel Domecq.

Texto por Adela Vázquez Veiga @AdelaVV.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

scroll to top