As viaxes de Liqen

 

Fonte da imaxe: http://www.mutantecreativo.com/es/desordes-creativas/

De dónde venimos, quiénes somos, a dónde vamos

“Quería hacer un agujero negro, al final salió rojo…Conducto del misterio, arteria de la materia obscura…” Liqen. Festival Desordes Creativas. Agosto 2010. Ordes, Galicia.

Graffiti. Significado aplicado a varias cousas: a calquera expresión feita cun sprai, a calquera cousa pintada sobre unha parede, incluso a calquera imaxe con estética urbana, independentemente do seu soporte, chámaselle graffiti. Pero hai diferencias nesta acepción.

Na linguaxe común graffiti inclúe o que se coñece como “pintadas”; é dicir, o resultado de pintar letras ou imaxes nos muros. Na arqueoloxía emprégase para referirse a un tipo de inscripcións realizadas sobre paredes de pedra ou aplanados de estuco. Tamén se chama graffiti, por extensión, aos slogan que se popularizaron con estas técnicas nos disturbios de maio do 68 en París (L’imagination au pouvoir, Sous les pavés il y a la plage). Nese mesmo ano o graffiti xogou un importante papel no movemento estudiantil mexicano cando os estudantes plasmaban frases que xa pasaron á historia coma Seamos realistas, pidamos lo imposible ou Prohibido prohibir.

O coñecido movemento de arte urbana contemporáneo é unha das manifestacións artísticas populares máis sorprendentes deste século. Considerado por algúns factores da sociedade coma unha anomalía cultural e un delito, para nós trátase dunha proposta alternativa do feito artístico no contexto actual das grandes cidades e da vida mesma. Unha loita por un novo espazo de expresión fóra do museo que como ben reivindica o inglés Banksy no seu documental Exit trough the gift shop, a tenda é unha metáfora da galería onde o mercantilismo convírtese na premisa da arte. Irónico é que as súas obras sexan xa das máis cotizadas no mundo das subastas.

Liqen é un dos nosos graffiteros máis sorprendentes. Abráianos coa súa técnica, cos seus deseños, coas súas viaxes humanoides, cronomórficas e mithofantásticas, coas súas cores…con todo o que crea. Espazos sen uso, baleiros, abandoados, fríos e ávidos de cor recobran vida e reconvértense.
A isto podemos chamalo reutilización, rehabilitación ou conservación dun espazo urbano. E como tal, o graffiti debe sosterse no tempo coma ben material adquirindo vida propia, adaptándose ao entorno urbano e creando un diálogo entre o espectador e a obra. Interrelacionándose.
Non esquezan olla-los muros das cidades e lembren, espectadores, que a arte está na rúa.

Unha linda viaxe polas aventuras de Liqen na sua web.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

scroll to top