Alexandre Farto aka Vhils

http://niquelarte.org/index.php/es/arte-artesania/item/5-alexandre-farto-aka-vhils

Domingo, 22 Mayo 2011 19:11

Alexandre Farto aka Vhils

Written by 




Deixoume abraiada unha mañá de paseo pola web PijamaSurf. O encabezado do vídeo dicía o seguinte: “el explosivo arte callejero de Vhils“. E de súpeto fixen click sobre o play sen imaxinar que o de “explosivo” era literal. Non profundizarei máis nesta técnica que emprega o Vhils porque prefiro que disfrutedes ollando o Vimeo antes de continuar:

Orelha Negra – M.I.R.I.A.M. X Vhils aka Alexandre Farto

Agora pregúntome, unha vez máis, se pensades que é realmente posible rehabilitar espazos urbanos empregando como ferramenta un explosivo a partir do cal se xere un cambio físico nun contexto urbano-arquitectónico; a maioría das veces en espazos derrubados, alterados, deteriorados e esquecidos…¿para que restaura-los se intervindo dun modo creativo recobra vida? Bo, sei que é unha cuestión que pode xerar controversias, pero penso que ás veces é preferible non intervir da maneira que xeralmente pensamos. É posible interaxir cos espazos e reconverti-los en obxectos ou pezas con vida propia. ¿Espazos que se converten en obxectos?

Este portugués traballa entre Lisboa e Londres. Os seus muros son especiais. Destrúe para construír. Deconstrúe.

Imaxes por Alexandre Farto

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

scroll to top